Oferta Educativa
Introducción
A Escola Municipal de Música de Moraña, intenta acercar a música aos veciños e veciñas de Moraña dende un plantexamento eminentemente práctico e lúdico. A Escola como proxecto cultural ten dous grandes obxectivos:
1. Ofrecer ao alumnado unha formación artística-musical da máxima calidade.
2. Impulsar a actividade social e cultural no Concello de Moraña a través da educación musical.
Oferta Instrumental
A oferta Instrumental da Escola Municipal de Música de Moraña é de 14 especialidades:
1. Piano. 9. Acordeón diátonico.
2. Guitarra. 10. Zanfona.
3. Saxofón. 11. Violín.
4. Trompa. 12. Clarinete.
5. Tuba/Bombardino. 13. Percusión.
6. Trombón. 14. Canto.
7. Trompeta/Fliscorno.
8. Frauta Traveseira.
Área de Música e Movemento
É o acercamento á música, natural e progresivo, desenvolvendose na etapa da infancia. A Escola Municipal de Música de Moraña comenza a traballar cos nenos a partir de 3 anos de forma intuitiva todas aquelas facultades que intervirán máis tardes nas súas aprendizaxes artísticas e musicais.: oído, voz, psicomotricidade, memoria musical, interpretación, etc.
Formación Complementaria
Ademáis da formación instrumental, a Escola Municipal de Música de Moraña proporciona ao alumnado unha “alfabetización” musical máis completa e indispensable para abordar o estudio dun instrumento e que é a formación complementaria.
O centro oferta coma formación complementaria as seguintes asignaturas:
-
Conxunto Coral
-
Linguaxe Musical.
-
Agrupacións Instrumentais:
-
Banda de Música.
-
Ensamble de Vento-Metal.
-
Ensamble de Clarinetes.
-
Grupo Folc.
-
Ensamble de Saxofóns.
-
Música de Cámara.
-
Acceso Conservatorio
Paralelamente á oferta educativa, a Escola Municipal de Música de Moraña atendendo as necesidades e aptitudes demostradas polos alumnos e alumnas poden optar a unha formación regrada cunha programación curricular adaptada á proba de acceso de centros de formación regladada.