Novas
Concerto de Samaín
27 outubro de 2017
Concerto de Samaín
Venres 27 de outubro, 20:30h
Casa de Cultura Castelao
Ao rematar faremos unha merenda conxunta, se desexas, podes traer algo para compartir.
Concerto no CPI Santa Lucía de Moraña
26 de maio de 2017
A Escola Municipal de Música de Moraña celebrará o vindeiro 2 de xuño de 2017 un concerto didáctico no salón de actos do CPI Santa Lucía de Moraña.
O concerto consistirá nunha presentación do traballo feito polos alumnos da Escola Municipal de Música de Moraña diante dos alumnos do CPI Santa Lucía de Moraña.
Haberá dúas sesións en torno a 40 minutos onde haberá música de distintos estilos como música de cámara, música e movemento como ademáis agrupacións instrumentais e corais.
Obradoiro Orquestal Orff
Venres, 5 de mario
A ESMU de Moraña abre un novo obradoiro orquestral de instrumentos Orff a impartir pola profesora Lola García todos os venres do mes de maio e os tres primeiros de xuño de 20 a 21 horas no auditorio da casa de cultura Castelao.
Dende a Escola Municipal de música pretendemos con este obradoiro:
- Estimular as capacidades vocal auditiva, creativa e artística do alumnado.
- Adaptar e realizar montaxes de pezas instrumentais a partir de instrumental Orff.
- Preparar repertorio para interpretar nun concerto didáctico e no concerto-festival de fin de curso da ESMU.
Esta actividade está destinada a todo o alumnado da escola comprendido entre os 7 e 16 anos (agás o alumnado da Banda da ESMU por coincidencia de horario) e de xeito especial ao alumnado de guitarra e piano.
Animámosvos a participar deste obradoiro dende a primeira aula, que será este venres día 5.
Concerto de Nadal 2016
Venres, 8 de outubro
O vindeiro venres 16 de decembro terá lugar un ano máis a celebración do Concerto de Nadal 2016 coa participación da Escola Municipal de Música de Moraña. A cita terá lugar na Casa da Cultura ADR Castelao de Moraña.
O Concerto de Nadal 2016 comezará a partir das 20:45 cos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Moraña que poran enriba do escenario para cun repertorio moi elixido para o momento. Ademáis, participirá xunto aos alumnos a Banda Nova Lira de Moraña.
Samaín 2016
Venres, 14 de outubro de 2016
O vindeiro venres 21 de outubro terá lugar un ano máis a celebración do Samaín´2016 coa participación da Escola Municipal de Música de Moraña. A cita terá lugar na Casa da Cultura ADR Castelao de Moraña.
O Samaín´2016 traerá ao longo da tarde varias actividades para todos os públicos. A partir das 18:00 haberá obradoiros de Samaín e xa para rematar, os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Moraña poranse enriba do escenario para cun repertorio moi elixido para o momento.
Os alumnos da Escola Municipal de Música de Moraña deron o seu Concerto Fin de Curso 2015/2016
Luns, 27 de xuño de 2016
O pasado venres 24 de xuño de 2016, e coincidindo coa festividade de San Xoán, a Escola Municipal de Música de Moraña sumouse a esta xornada cultural coa celebración do Concerto Fin de Curso. Celebrouse no patio da Casa da Cultura ADR Castelao de Moraña ás 21:00 horas e ao remate procedeuse á entrega de Diplomas de Acreditación deste curso 2015-2016.
Concerto Didáctico no CPI Santa Lucía
Luns, 13 de xuño de 2016
O alumnado da Escola Municipal de Música de Moraña presenta o traballo feito ao longo do curso nun concerto didáctico non CPI Santa Lucía de Moraña.
Circular 15004
Luns, 13 de xuño de 2016
A Escola informa sobre o concerto de fin de curso e outras datas importantes.
Visita dos alumnos da agrupación tradicional da Escola Municipal de Música de Moraña á ETRAD de Vigo
Mércores, 25 de maio
O mércores 25 de maio varios alumnos da agrupación tradicional da Escola realizaron unha visita didáctica á Escola de Música tradicional de Vigo (Etrad).
Os alumnos, acompañados dos seus pais, profesores e directiva da ANPA da Escola foron recibidos por Carlos Quintá, profesor do grupo, que tamén actuóu de anfitrión, xa que ademáis de na nosa Escola, tamén imparte docencia na Etrad.
Ciclo de audicións de primavera 2016
Mércores, 25 de maio de 2016
A semana pasada celebramos unhas novas xornadas de Audicións abertas na escola de música.
Circular 15003
Luns, 11 de abril de 2016
Na vindeira semana realizaremos tres xornadas de audicións abertas a cargo do alumnado da escola de música.
Concerto de Nadal 2015
Luns, 7 de decembro de 2015
A Escola Municipal de Música de Moraña celebra o vindeiro sábado 12 de decembro o tradicional Concerto de Nadal 2015.
Circular 15001
Mércores, 21 de outubro
A Escola Municipal de Música de Moraña informa aos alumnos das novas da Circular 15001.
Presentación Académica Curso 2015/2016
Martes, 1 de setembro
O vindeiro 10 de setembro terá lugar a presentación do curso 2015-2016 da Escola Municipal de Música de Moraña.